miércoles, 4 de noviembre de 2015

MULLERES...


2013

Foi no verán

Agora é outono

2015

O tempo non se detén

Volvín á gaiola e falta a nídia presenza da forza, do sorriso, da sorpresa, da ledicia, do son das rodas e cantigas, das menciñas, das cascas de noces, das patacas cocidas con bacallau, do caldo requentado, dos callos sen callos, das zinnias e caravereis asilvestrados, das calas e crisantemos, do vagar nocturno en busca de tisanas calmantes, da palabra exacta e xuízosa que dá paz, das alianzas eternas...

Foise para sempre, pero está

Estará

Sempre

Grazas dona Concha

Grazas mamá