Nunca fun supersticiosa. Gústanme
os gatos e as gatas negras, ando descalza a diario e prefiro pasar por baixo
das escaleiras ca subirme a elas. Non obsatante, isto tenme traído algún
disgusto que outro. Aínda teño na testa o sinal daquel anaco de tubo de chumbo
que, logo dunha liorta co meu irmán, me caeu nela por “accidente” cando pasaba
por baixo da escada de madeira do papá. As liortas entre irmáns e irmás, quen
as entende? Os pais, as nais e tías solteiras.
As tías solteiras… E máis se,
ademais de solteiras, son madriñas. Con elas, nas vidas, prodúcense os
miragres. Quen non ten unha tía solteira non saberá nunca o que é a alquimia. Teñen
unha capacidade tan grande para querer ás crianzas que non son súas que sae de
calquera parámetro.
Sen ir máis lonxe. A tía Mari. Soamente
meu pai, seu cuñado, lle chamaba Maruxa. E soamente ás veces, porque ela sempre
se encabuxaba se non diciamos o seu nome completo: Mª del Carmen. Así, en
castelán. Mal que lle pese, para nós, os seus sobriños e sobriñas, é a TÍA
MARI!
E que grande fortuna é ter unha
tía Mari na vida…! Coa tía Mari o anaco de tubo de chumbo convértese en ouro. Non
é diso do que falan as alquimias? Porque, pregunto, haberá neste mundo algo tan
grande coma o amor que as tías Mari verten nas fillas e fillos dos seus irmáns
e irmás?
Neste momento duro para min rendo
a miña homenaxe as todas as tías Mari que hai polo mundo. En especial á miña
madriña. É a miña tía MARI.
P. D.: Se sabe que fixen isto exérdame pero, sabedes que? Tanto me ten. A herdanza que tiña que deixarme xa
a teño. O seu amor é moi grande. O resto… Para quen o queira!
Moa, hai xente moi dada ao agarimo que non se pide nin se aspera, simplesmentes da.
ResponderEliminarQué muller máis xeitosa.
Deica entón
Se se entera cápate.
ResponderEliminarAsinado: O do cantazo
pois eu quédome coa envexa porque eu non tiven nin teño ningunha tía soleira... miña madriña era a miña avoa (viúva desde xoven, si cadra tamén serve) é xa hai anos que marreu.
ResponderEliminarpero alégrome por ti, e por ela.
biquiños,
parece que sinto que esta homenaxe é para miña irmá, a madriña do meu fillo.
ResponderEliminarel sempre di que tén dúas nais. eu ata sinto algo de celos. Pero como el é a quen quero máis no mundo, alédame que teña dúas nais.