miércoles, 1 de mayo de 2013

COA BOCA ABERTA


Xa pasaron sete anos e algo máis. Así como quen no quere a cousa. E eu coa boca aberta, para non dicir nada...

Ao meu carón, Anxelines, abrindo a boca, coma min. Eu sigo aquí. Ela xa non está, non lembro desde cando. Foi calquera día destes sete anos que foron pasando, con máis glorias que mágoas, pero con mágoas que... Mágoas de nada!

Facendo limpeza interior atopei esta foto. Agora estou máis gorda, máis roxa, máis nada...

A vida vai e ven e leva consigo as perlas brancas da dozura, pero tamén leva as mágoas. Ou non?

Nesta teima de limpar que me deu hoxe tamén atopei outra foto. Unha dunha gran lasaña coa que me agasallaron hai un ano e coa que, ao vela, a miña boca tamén quedou aberta.

E sigo aquí, coa boca aberta, as máis das veces para dicir o que non debo, pois son moitas, moitísimas, as que da miña boca soamente debería saír a palabra GRAZAS.

 

7 comentarios:


  1. Eu, tambén coa boca aberta.
    ¿Para no decir nada? Tú siempre dices, y dices mucho... no hay que más que ver lo que escribes y oir como cantas.

    Abre bien la boca, que también hay sitio para más lasañas.

    · BQñMTS

    · LaMiradaAusente · & · CristalRasgado ·


    ResponderEliminar
  2. Estás fermosa coa boca aberta. Non deixes nunca de falar...

    ResponderEliminar
  3. Abrir a boca de cando en vez está ben. Os calados parecen que consinten y eso, nos tempos que corren, non se pode consentir.
    Asi que segue abríndoa e dicindo o que pensas.

    ResponderEliminar
  4. Con la boca abierta me he quedado yo... de verte cantando y de leer tus palabras.
    Creo que es muy bueno abrir la boca y si salen de ella bonitas palabras o notas mucho mejor.

    Abraçades i bicos Concha

    ResponderEliminar
  5. Grazas é unha palabra fermosa,a mín tamén me gusta moito agradecer o que sexa... oa boca aberta e outras veces coa boca pechada, que tamén se pode (un abrazo, un bico, unha palamada nas costas)...

    Grazas a ti tamén por escribir... porque eso de que non tés nada que decir... vamos, que non estou para de acordo...

    tés que decir e moito.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  6. Ca boca aberta quedamos nos ante esta entrada...
    Moi boa.
    Saludos.-

    ResponderEliminar
  7. sete anos xa! creo que ningunha outra frase tópica pode sustituir a:

    "como pasa o tempo...!"

    e a mirada pérdese nun punto indefinido para reflexar incógnitas
    (non che digo que estás guapa, porque desmelloraría dicirche o guapa que estás agora. Na última foto que te vin, co pelo curtiño e o sorriso amplo)

    ResponderEliminar