Curiosamente, no meu cole, hoxe ninguén falou da folga de onte, nin das manifestacións, nin da repercusión no sector público de ensino, nin de nada relacionado co tema... E iso que no xornal "La Voz de Galicia" (a única que se recibe), na portada, falaba do conto. Pero todo o mundo foi directamente ás páxinas centrais para ver o suplemento "La Voz en la escuela" e comentar o interesantes que eran os contidos. A min non mo pareceron tanto...
Non sei o que pasou noutros coles. Na miña clase onte seica faltaron
catro nenos e nenas... A parte dos habituais de sempre, os que van e
veñen, coma as ondas do mar...
Será que no ensino público
galego todo vai ben? Será que os traballadores e traballadoras do ensino
público de Galiza están conformes con todo o nos caeu enriba? Ou será
que o medo lle atenaza as gorxas?
Se están conformes, vale.
Respecto a súa decisión, pero que nunca máis me volvan falar de
inxustizas sociais ou de inxustizas cara ao ensino público galego e aos
seus traballadores e traballadoras.
Se non están conformes e
teñen medo, gustaríame dicirlles que o medo non é bo conselleiro, que o
medo couta a liberdade, que se actuamos con medo, de nada vale queixarse
despois...
Porque, digo eu, se tanta solidariedade amosamos de
boquiña coa sociedade, por que nos cruzamos de brazos e acodimos ao
posto de traballo coma ovellas, por medo a que nos desconten no salario,
cando as inxustizas son tales que o único que merecen como resposta é
unha rebelión silenciosa pero activa de todos os sectores produtivos,
incluídos nós?
Ou é que os traballadores e traballadoras do ensino público somos entes pasivos? Será que si...
Se é así, se a resposta é que no ensino non nos vai tan mal, que somos
xente privilexiada porque temos un posto de traballo e non debemos
protestar, nin por solidariedade, entón non sei se me dea de baixa,
figuradamente falando (cómpreme o salario para comer, pero podo
prescindir dun día), deste colectivo e continúe a miña loita en
solitario.
Respecto todo, todas as opinións e decisións
persoais, pero éncheme de carraxe que, logo de levar máis de dous anos
botando pestes contra o que nos levan feito, como traballadoras e
traballadores do ensino, despois de ver o que fixeron co ensino público
galego, sigamos cos brazos cruzados sen saír ás rúas para manifestar ese
desacordo. Non vaia ser que nos toquen o soldo!
Sei que non servirá
de nada, pero polo menos, que nos quede a conciencia tranquila por telo
intentado, que nunca, ninguén nos poida botar na cara que tivemos unha
oportunidade para cambiar o mundo un pouco, pero preferimos quedar
acochados detrás dos nosos privilexios de funcionarias e funcionarios
públicos.
Ata cando?
Será que no ensino público galego todo vai ben? Será que os traballadores e traballadoras do ensino público de Galiza están conformes con todo o nos caeu enriba? Ou será que o medo lle atenaza as gorxas?
Se están conformes, vale. Respecto a súa decisión, pero que nunca máis me volvan falar de inxustizas sociais ou de inxustizas cara ao ensino público galego e aos seus traballadores e traballadoras.
Se non están conformes e teñen medo, gustaríame dicirlles que o medo non é bo conselleiro, que o medo couta a liberdade, que se actuamos con medo, de nada vale queixarse despois...
Porque, digo eu, se tanta solidariedade amosamos de boquiña coa sociedade, por que nos cruzamos de brazos e acodimos ao posto de traballo coma ovellas, por medo a que nos desconten no salario, cando as inxustizas son tales que o único que merecen como resposta é unha rebelión silenciosa pero activa de todos os sectores produtivos, incluídos nós?
Ou é que os traballadores e traballadoras do ensino público somos entes pasivos? Será que si...
Se é así, se a resposta é que no ensino non nos vai tan mal, que somos xente privilexiada porque temos un posto de traballo e non debemos protestar, nin por solidariedade, entón non sei se me dea de baixa, figuradamente falando (cómpreme o salario para comer, pero podo prescindir dun día), deste colectivo e continúe a miña loita en solitario.
Respecto todo, todas as opinións e decisións persoais, pero éncheme de carraxe que, logo de levar máis de dous anos botando pestes contra o que nos levan feito, como traballadoras e traballadores do ensino, despois de ver o que fixeron co ensino público galego, sigamos cos brazos cruzados sen saír ás rúas para manifestar ese desacordo. Non vaia ser que nos toquen o soldo!
Sei que non servirá de nada, pero polo menos, que nos quede a conciencia tranquila por telo intentado, que nunca, ninguén nos poida botar na cara que tivemos unha oportunidade para cambiar o mundo un pouco, pero preferimos quedar acochados detrás dos nosos privilexios de funcionarias e funcionarios públicos.
Ata cando?