grampa negra
a realidade ten dúas caras: unha branca e outra negra.
a cara branca é esa que asoma cada mañá cando nos erguemos e decidimos continuar coa tarefa de cada día,
a que se deixa ver cando un saúdo nos fai saír do inmenso baleiro no que nos sumimos de noite,
a que eliximos para amosar ledicia cando se nos esixe, porque se nos esixe ledicia para seguir andando,
ledicia e forza...
a cara negra é a que sae da cotidianeidade
a que se amosa oculta,
a que nas longas noites nos di que non podemos facer nada máis ca durmir,
a que nos empurra a un abismo de incertezas que soamente teñen fin cando nós acabemos de ser o que somos:
unha grampa negra entre miles de grampas brancas...
atopar cal queremos ser é unha tarefa moi dura
na que queimamos soños, esperanzas e forza,
forza e ledicia...
e cando miramos a relidade e vemos que sae do esquema, que se revolve e di "que fas aí?", sentimos a indefensión desa grampa negra
loitando contra si mesma no mundo das acomodadas, sincrónicas e perfectas grampas brancas que acumulan papeis de vidas grampadas con negras grampas brancas.
e logo non hai nada.
baleiro, todo baleiro...
soamente a grampa negra,
a que se desvía
a que se vai por un camiño que nin ela sabe a onde vai.
se eu fose unha grampa branca, gramparía todos os soños do universo ata conseguir facer de todos os soños un e camiñar máis alá do universo, un so soño...
e coa forza do papel faría un soño novo...
pero seica son grampa negra e o meu camiño vai do revés...