Louro
Xa empezou outro setembro. Xa é día 3.
Este verán foi bastante raro. Moi incerto.
A pouco que busquei na miña gaiola, atopei na caixa das sensacións unha que me transportou ao silencio da area, ás mañanciñas frescas á beira do mar, sen más compaña ca a das gaivotas, a de dúas crianzas facendo castelos e desafiando, coa súa inocencia, ás ondas que van e veñen, a do son compasado da auga que pasea sen descanso, a das pegadas efémeras que se borran coas marés...
E nese instante lembrei unha mañá deste recente e estraño verán. Acababa de chegar de mercar un par de cousas no supermercado. As rúas de Ourense estaban cheas de xente, logo de varios días de calor asfixiante e de asfalto baleiro. O ceo estaba nubento e corría unha airexa suave e fresquiña que me trouxo á memoria aqueles tempos nos que consumía horas e horas paseando polas rúas e praias de Porto do Son, Muros e Noia, en días grises, mentres os meus nenos xogaban coa area, preto da auga, ou pedían sen descanso un cómic de Songoku, unha gominola, percebes, empanada de berberechos e pan de millo, ou un xeado (son de bo dente). E ata táboas forradas con tea, pinceis, acuarelas e óleos para reter imaxes. Era a súa maneira de inmortalizar o seu presente...
Agora son grandes. Xogan noutras praias, constrúen outros castelos con outras areas e pintan os cadros da súa vida con outros óleos e acuarelas sobre outras táboas forradas con outras teas...
A airexa fresca daquela mañá deste verán recente, incerto e estraño lembroume que o presente é un paso efémero, que todo está condicionado polo ir e vir eterno das marés...
A airexa fresca daquela mañá deste verán recente, incerto e estraño lembroume que o presente é un paso efémero, que todo está condicionado polo ir e vir eterno das marés...
Hay, a lembranza(se dice así), seguramente tambien tu tienes hoy otros otros sueños.
ResponderEliminar¿Fermosos? sueños.
Saludos desde El Bierzo
Por moito que pinten en teas diferentes e con pinturas diferentes, algo lles quedou de cando pintaban con vde. Iso quero eu pensar para min.
ResponderEliminarComo adoita dicirse é lei de vida. Todo vai cambiando na nosa vida, evoluciona como unha carreira de relevos onde pasamos o testigo do instante co temor de que caia sobre o tartán e só nos quede a nostalxia do tempo xa ido.
ResponderEliminarBicos
que ben che podo seguir o fío, Concha!
ResponderEliminarfíxome gracia o de que tanto pedían gominolas como percebes, tés razón que eran de bo dente.
ResponderEliminare inevitable que voltemos a ollada cara o pasado e fagamos comparanzas... tamén que pensemos no futuro... así que tés tamén razón en comparar as nosas vidas cas marés...
encántame a palabra maré... e moi fermosa.
biquiños,
Aldabra
Ay! o Louro... esa lagoa tan fermosa :)
ResponderEliminarAi andamos todos Concha un chisco amorriñados vendo como cada vez queren (e saben a maior parte das veces)facer os castelos eles soiños...
Biquiños!!!
· Pues sí. Los mares son un eterno reloj en el que el segundero es siempre impreciso, irregular, aleatorio... como los segundo que rigen nuestras vidas.
· +Bicos
CR & LMA
________________________________
·
Así é, o tempo chega, póusase na area e vaise, como a marea.
ResponderEliminarOutras ondas veñen, outras horas que non son nin serán nunca as mesmas.
Crecemos cos recordos pegados ás costas; dámonos a volta e recordamos...
A fotografía de Xulio é preciosa, encántame.
Sempre un pracer, Concha
Saúdos, un abrazo
Ío