Seguindo a estrada A82 cara ao nordeste, desde Fort Augustus a Inverness, bordeamos Loch Ness, mundialmente coñecido pola existencia do seu monstro que, a verdade, non sei se andaría de vacacións en xullo, porque eu non o vin. É un lago relativamente estreito, pero moi longo, uns 39km de augas profundas e mansas, apenas alteradas pola airexa do norte que acariña a súa superficie.
Vixiando as súas beiras está o castelo de Urquhart, estratexicamente colocado para repeler calquera ataque. Aínda así, del soamente quedan as ruínas, desda as que se pode contemplar a fermosura dunha natureza case virxe, na que contrasta o azul das augas co verde que asolaga os cotarelos que a elas asoman.
É moita a xente que se achega a este lugar para gozar da paisaxe e tocar a historia das súas pedras.
Tamén hai xente que, con dedo dilixente, pretende inmortalizar o seu arte no po dos cristais dos coches que descansan no aparcadoiro. Mágoa que estas caricaturas se estraguen co primeiro golpe de auga!
Fermoso todo e tamén esa mostra de arte efémero nos cristais dos coches. Menos mal que queda a testemuña fotográfica.
ResponderEliminarFermoso viaxe e fermosas as fotos dun linfo país semellante o noso.
ResponderEliminarSaudos.-
Preciosas as fotografías; envexo a túa viaxe, Concha, debeu de ser unha experiencia moi gratifiante deixarse envolver polo aire puro desas antigas paisaxes, sentir as pedras, a súa historia e lendas apenas á distancia do rozamento dun dedo.
ResponderEliminarComo o dedo que debuxou no cristal do coche, arte efémera. Unha pena o primeiro golpe de auga.
Grazas, Concha, un pracer vir soñar ao teu Agaiola
Besos
Ío
· Gusto da viajar de tu mano, de tus palabras... con unas fotos suficientemente explícitas, para que la belleza impregne nuestros ojos.
· BQÑS
CR & LMA
________________________________
·