Fermosa e entrañable película... E un impresionate papel de Daniel Day Lewis, así coma do resto das persoas protagonistas. Nela destacan valores tan importantes coma o afán de superación, de loita, de sacrificio, de solidariedade...
Permite coñecer e reflexionar sobre a parálise cerebral, tanto sobre as limitacións asociadas a esta discapacidade, coma sobre os avances que se poden chegar a conseguir cunha adecuada rehabilitación e con apoio emocional. Reflíctese a importancia do papel da familia, fundamental no desenvolvemento de calquera crianza e, especialmente, nestes casos.
Cadaquén de nós pode ver nela cousas diferentes, pero o gran acerto desta historia é facernos entender que a verdadeira discapacidade radica na discriminación.
Anoto para vela, porque aínda non o fixen.
ResponderEliminarNon hai discapacidades, hai persoas que se empeñan en discapacitar os demais.
Haberá que vela.
ResponderEliminarBicos
É unha película inxente, enorme, con unhas cantas
ResponderEliminarescenas impresionantes.
Daniel Day Lewis é un dos meus actores preferidos.
Bicos.
Non vin a película, nin sabia da súa existencia. Polo que nos contas, trata dun tema moi interesante tanto polos valores que mencionas como pola discriminación, que é unha das secuelas sociais que padecen moitas persoas e colectivos.
ResponderEliminarNon vin a pelicula tampouco, pero xa que nola recomendas ti habera que botarlle un ollo ou os dous. Saudos.
ResponderEliminarDaniel Day-Lewis é un actor da nosa xeneración a quen descubrín haberá 25 anos naquel lonxano "motin a bordo", ou "a miña fermosa lavandería" que me encantara.
ResponderEliminarPero esa película na quixen ver nunca, é unha carga de dor engadido que non quero pasar voluntariamente.
Eu sonche moi vulnerable.
:)
Sin duda ha ser un peliculón.
· Debo consultar a mi disco duro.Creo haberla visto pero ¡se me borró! Sin embargo, si me queda un buen recuerdo, como de haber visto una gran película.
· bicos
CR & LMA
________________________________
·
sempre oín falar desta peli e aínda non a vín, teño que ver si a consigo... este ano a miña filla nunha das súas clases de Integración social e gustoulle moito.
ResponderEliminarbiquiños,