miércoles, 26 de enero de 2011

FUXIDA


Cada mañá miraba con curiosidade o cancelo de madeira. Había tempo que estudaba a maneira de saltalo. Non era moi alto e, así a simple vista, parecíalle que mesmo se podía meter por entre os barrotes rotos.

Soñaba con acariñar o arume dos piñeiros, con acadar un anaquiño daquel azul que se espallaba máis alá da frouma, de gabear cos esquíos e cantar cos gorrións…

Pero un día deuse conta de que as súas mans apenas cabían nos buracos do arame.

15 comentarios:

  1. Bó día, Concha!!

    Es que así, no vale. Si yo escribiese tan bien como tú, lo haría aunque fuese por devoción :)))

    Te felicito, te has apropiado hábilmente del vocabulario y lo haces bailar a tu antojo pero con mucha armonía.

    biquiños

    ResponderEliminar
  2. hostias desas marcan e fan cambiar a perspectiva de casi todo.
    gustoume este post.

    Nunca sentira "frouma". :-)

    ResponderEliminar
  3. Pois, sí: lástima non se ter decatado antes do aramio...Canto máis perto, menos se ve.

    ResponderEliminar

  4. · Duas mans poden facer un buraco baixo o arame, poden cavar a terra. A libertade é unestado do alma. Non hai arames pra ela.

    · bXs

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  5. Coas ás da imaxinación, sempre se poden superar atrancos e librarse dos arames por moi fortes que estes sexan.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  6. As arames nunca poderán recluír os soños.
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Por acariñar o arume dos piñeiros, vale a pena voar.
    Darse de conta, é decatarse de que non tes alas.

    ResponderEliminar
  8. Os arames sempre acaban por mancar. Supoño que é o seu ser. Biquiños,

    ResponderEliminar
  9. Eu tamén querería saber chimpar sin facerme dano.
    Pero un arame non pecha as ás y con elas poido voar.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  10. Sempre miro as cancelas todas. As que teño diante e as que brinquei. A malla metálica dos arames sírveme de vestido para non ter frío!

    Bicos dende a espesura dos piñeiros

    ResponderEliminar
  11. Gústame saltar cancelas, os arames mancan pero hai que evitalos inda que as veces araan e deixa algunha que outra cicatriz, cousas que pasan can do un intenta salvar obstáculos.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  12. Pois daquela gabear pola malla arriba, que máis dano fai a inercia!
    Saúdos desde este lado dos arames

    ResponderEliminar
  13. Uns voan e outros cavamos por debaixo.
    Saúdos dun que roubou ovos de galiñas a través do arame.

    ResponderEliminar
  14. Con mans, unllas e dentes haberia de esnaquizar ese vil arame ate alcanzar a liberdade soñada :)

    Biquiños a moreas!!!

    ResponderEliminar
  15. Non sei como o fas pero segues a sorprenderme post tras post. Por certo o peor dos arames é que algúns nin tan sequera sabemos que existen.

    ResponderEliminar