Un día calquera, de calquera semana, de calquera mes, ás 12:30 da mañá.
Unha cola de doce persoas nunha entidade bancaria. Eu a última.
Achéganse a min dúas mulleres que acaban de entrar. Unha terá uns cincuenta e tantos. A outra non pasa dos trinta.
- Buenos días. Por favor, ¿Es usted la última?
- Sí.
- ¿Le importa que me acerque a caja? Es que estuve aquí hace unos minutos y creo que cometieron un error en la operación. Sólo es para hacer una pregunta.
- Por unha pregunta non hai problema, pero pregúntelle ás once persoas que están diante de min...
Ambas mulleres fan a mesma pregunta en voz alta e as once caras vólvense, mirando con contrariedade, pero non responden.
Achéganse á caixa e fan a consulta. A caixeira dilles que llo pode arranxar, pero que lle leva un anaco.
As mulleres dinlle que o faga, pero non se moven da caixa e a caixeira vaise dispoñer a solucionar o problema.
- Señoras, se só era unha consulta, vale, xa está feita. Pero se queren amañar o problema, volvan á cola, por favor.
- Pero usted me dijo que podíamos pasar. Ya hicimos cola la primera vez, hace diez minutos!
- Pois señora, eu tamén fixen cola hai dez minutos e tamén cometín un erro. Marchei, arranxeino e volvo estar na cola, para que me fagan a transferenza!
- ¡Pero si me acaba de decir que podía pasar...!
- Vostede preguntoume se podía saltarse a cola para facer unha pregunta, non para solucionar un problema que vai levar un anaco. Eu díxenlle que por unha pregunta non había problema. Se xa lle responderon e o quere amañar, por favor, póñase de novo á cola e agarde quenda. Coma as doce persoas que estamos aquí...
As mulleres dan media volta e ao pasar polo meu lado míranme fixamente con cara de desaprobación.
- Muy amable, señora. Muchas gracias...
- Grazas as que teñen vostedes. Moi amables. Bo día.
Ninguén di nada en voz alta, pero entre murmurios escóitase: "Vaia morro que ten a xente!