sábado, 30 de octubre de 2010

FIESTRAS



La ventana indiscreta



Gustaríame poder ver o mundo desde outra fiestra. Desde unha fiestra máis ampla que abranguese máis alá do horizonte da mesquindade humana.

Pero vese que non é posible, pois é a propia mesquindade quen se empreña en ir acoutando os marcos e, deica pouco a miña fiestra non terá máis van que o que ocupa o ollo dunha agulla.


Concha L. F.




8 comentarios:

  1. A túa mirada é o que importa, o que ti es capaz de veren ou sentiren. Sen mais. É certo o que dis da mesquindade, mais contra a própia, contra eses marcos que pouco a pouco acoutan, pódese loitar, ai que loitar.
    Tamén é certo que as cousas non están moi ben e qu?, ti contas, ti estás, ti tes mans para puxar.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Pode que a fiestra sexa pequena ( que o dubido), pero o ollo ve moito por unha pequena ragandixa...

    ResponderEliminar
  3. hai que ser mais optimista e non pensar en que o cerco se vai facendo mais pequeno.

    dalle ó teu irmá a noraboa por as fotos tan fantásticas.

    biquiños,

    ResponderEliminar

  4. Polo teu ollo de agulla terás a capacidade de ver o universo completo, con que soamente deséxelo.
    Entón, todo o universo será a túa nova fiestra

    bicos

    CR & LMA
    ________________________________

    ResponderEliminar
  5. Bo día!!

    De refilón veo tu post anterior y le doy a la rueda del ratón rapidamente para no recordar episodios tan desagradables.

    Mejor me quedo con tu fiestra. REalmente es muy metafórico tu poema. Hay momentos en los que el mundo se nos va achicando y por nuestra ventana apenas entra un rayo de luz muy tenue. Pero de repente un día, te levantas por la mañana y la luz otra vez inunda la casa y tus sentidos.

    biquiños, Concha

    ResponderEliminar
  6. Para ver máis alá da mesquindade humana ias necesitar una xanela moi grande, por desgraza. Saudos

    ResponderEliminar
  7. Afortunadamente, os anos e a profesión, que tiven a sorte de exercela dende moitas partes do mundo e en circunstancias ben diversas, deixáronme aberta esa fiestra que ti desexas.Deixa posa-lo tempo e xa verás como a ti tamen se te abre, ainda que que sexa dende ese pobo ourensan, porque o que non ven os ollos o sustituie a imaxinación.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  8. Gústame moito a foto, pero o que dis... e triste.

    Ás veces vou pola rúa e vexo moitos coxos, parece que hai mais coxos ca nunca.
    Outras veces vexo moitas mulleres embarazadas.
    Cheguei á conclusión de que vexo aquilo no que reparo
    Repara nas cousas boas da xente [ía dicir da "xente boa", pero é que ninguén somos bos de todo nin malos de todo]
    Seguro que se pós os ollos nas cualidades, esa ventá volveráse máis ampla

    un biquiño, Concha

    Zeltia

    ResponderEliminar