lunes, 30 de agosto de 2010

INTEGRACIÓN OU DESINTEGRACIÓN?



 "Integración"








Esta mañá, logo de estar un par de horas lendo, máis ca estudando, deume por calzar as miñas deportivas, poñer un chándal e botar a andar polas rúas de Ourense. Debían ser as 7:30 da mañá.
Ao empezar a subir a Ponte Romana, ollei ao lado dereito un bulto no chan, que semellaba ser unha manta esquecida, ou un cubrecama. A medida que me ía achegando, distinguín uns dedos que asomaban por debaixo da manta e, sobre unha pedra, uns zapatos de cor marrón, cuns cordóns debidamente colocados e alineados.
Veume á cabeza entón unha imaxe que me quedou grabada na retina hai algo máis dunha semana: cruzando unha das moitas galerías comerciais que hai nesta cidade, un sábado pola mañá, atopei a un mozo moi ben vestido, cun traxe azul marino, camisa branca, gravata granate, lentes e zapatos negros. Estaba moi ben afeitado e durmía tan longo que era, deitado no chan das galerías, ao pé das escaleiras.
No caso da Ponte Romana, igual nos daba por pensar: "A que se chega! Pobre xente, non ter un teito baixo o que durmir nin unha familia que a acolla!". No caso das galerías, quizais a conclusión fose diferente: "Vaites! Ou perdeu as chaves de casa, ou non deu chegado porque como dicía Dinio, a noite confundiuno!"
Quedei matinando que ao mellor, ese bulto do que asomaban uns dedos e eses zapatos pertencían a algunha persoa que, por algunha razón non se sinte integrada no que nós identificamos coma sociedade ou familia, senón que máis ben debe ser unha desas tantas que camiñan polo mundo desintegradas, moitas veces a causa da rixidez das persoas que si nos sentimos integradas pero que tamén podemos acabar durmindo nunhas galerías comerciais, sen necesidade de sacar o traxe.





2 comentarios:

  1. Boa entrada para comezar a mañá pensando por que ocorren estas cousas e coma diaños atopariamos xeito de solucionalas, onde andara a pedra filosofal que ten todas as respostas?
    Moitas grazas pola túa visita ao meu recuncho, a min gustoume o teu e se mo permites, volverei mais veces.

    Bicos

    ResponderEliminar

  2. Eres una afortunada. ¡No estás ciega! ¡Ves!
    Desgraciadamente, de esas personas del las que hablas, están nuestras vidas llenas y, sin embargo, son ¡invisibles! ¿O somos nosotros ciegos?
    La pregunta del millón. ¿Que vale nuestro voto si no somos capaces de cambiar el mundo, o de al menos, mejorar las condiciones de vida de nuestros semejantes, que muchas veces son MAS SEMEJANTES que nosotros mismos?
    Son las diez y diez. Ya lo sabes. Y son las diez y diez todo el santo día.

    Bicos

    CR LMA
    ________________________________

    ResponderEliminar